Friday 17 de May de 2024

O Concello traslada á Fiscalía a inacción de Costas na praia de Santa Cristina


A grave deixadez da Demarcación de Costas na praia de Santa Cristina está a orixinar un importante problema de seguridade pública entre as persoas usuarias da praia. Trátase de dúas árbores que están a piques de caer e unha que xa está deitada na parte interior da praia, a que dá á ría, no lugar onde se utilizou unha actuación municipal en defensa da propiedade pública do areal para apartar do seu cargo ao alcalde Ángel García Seoane.

O Concello, que xa advertiu a Costas desta situación, deu traslado do asunto á Fiscalía ante o deterioro das condicións de uso do espazo público e a inacción de Costas. Ademais da árbore que está caída en plena praia, existen outras dúas en condicións lamentables, coas raíces ao aire e con evidente perigo de caída.